viernes, 6 de mayo de 2011

17 de Maio Día das Letras Galegas


Como cada ano o día 17 celebraremos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión o homenaxeado será Lois Pereira, poeta natural de Monforte de Lemos (Lugo) onde naceu no ano 1958. Ós 17 anos desprazouse a Madrid onde cursou estudos de Ciencias Políticas, que abandonou depois polos idiomas e a Informática. Fundou a revista "Loia" alí en Madrid, xunto con Manuel Rivas e Antón Patiño, revista que só coñecería catro números, o último de 1978. Nesta publicación introducíronse poemas deste escritor que posteriormente serían recollidos na súa obra "Poemas para unha loia" de 1996, onde tamén se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidraúlica dunha cíclica historia universal da infamia", dado a coñecer ese mesmo ano na revista "Luces de Galiza".
De volta en Galicia, Lois Pereiro compaxinou o exercicio da tradución coa laboura poética e fixo aportacións a diversas antoloxías colectivas; tamén fixo contribucións como letrista a Radio Océano e como redactor de guións televisivos.
En vida publicou dúas obras "Poemas 1981/1991" e "Poesía última de amor e enfermidade" nas que a RAG atopa evidentes pegadas expresionistas e referencias á literatura xermánica, xunto con trazos de contracultura.


viernes, 15 de abril de 2011

Sesión de contacontos na biblioteca para celebrar o Día do Libro


O día 12 de abril celebramos o Día do Libro cunha sesión de contacontos a cargo de Tim Bowles e Charo Pita que en inglés e galego nos deleitaron con varias historias da Literatura universal, tendo unha boa acollida por parte do alumnado.

martes, 2 de junio de 2009

Exposición "Especies ameazadas de Galicia"


Se tedes curiosidade por coñecer a fauna e flora de Galicia en perigo de extinción, podedes mirar os cartéis que están espallados polo centro. Animádevos tamén a participar no concurso que preparamos para achegarnos á nosa contorna. Poderás gañar premios interesaaaantes! Recolle o cuestionario na biblioteca, tes ata o cinco de xuño para entregalo.

jueves, 30 de abril de 2009

MULLERES CIENTÍFICAS

A biblioteca está a preparar un concurso baseado nun cuestionario de 20 preguntas de resposta corta sobre a exposición "Mulleres científicas" que tedes na entrada e corredores do Instituto. De momento, e como mostra, aquí tedes algún exemplos. Por certo, haberá tres premios para os mellores cuestionarios. Sorte.

martes, 28 de abril de 2009

Exposición: A Muller na Ciencia

Na Antigüidade Clásica

Enheduanna.
"A ecuación de terceiro grao en Babilonia"



Aglaonike ou Aglaonicé.
" Eclipses e matemáticas"

miércoles, 22 de abril de 2009

200 anos do nacemento de Edgar Allan Poe



Edgar Allan Poe naceu en Boston o19 Xaneiro 1809 e morreu en Baltimore o7 Outubro 1849.
Foi un mestre no xénero de terror. Os relatos de Poe foron levados ó cine unha e outra vez e, aínda que creades que non coñecedes ningun dos seus relatos, seguramente máis dunha historia vista en televisión ten a súa orixe nalgún relato de Poe.
A vida deste escritor estadounidense é casi tan estremecedora como moitos dos seus relatos. Foi quen iniciou a novela policíaca. A súa corta vida (morreu ós 40 anos) estivo sempre marcada pola depresión, a súa tendencia á melancolía e á súa afición ó alcol e as drogas, que acabaron por destruilo.
Entre os seus contos están:
The Masque of Red Death, The Pit and the Pendulum, The Purloined Letter, The Murders in the Rue Morgue.
No conto The Murders in the Rue Morgue rétase ó lector a explicar un enigma aparentemente insoluble. Espero que vos guste e disfrutedes coa historia.




Annabel Lee foi un dos poemas que Edgar A. Poe escribiu, coñecido porque foi traducido e musicado polo grupo “Radio Futura” alá polos anos 80. Nel conta a historia de dous amantes que teñen un triste final. Podes ver o vídeo se pinchas no título do poema.