Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de diciembre de 2008

E ENTRANDO NO SOÑO...


OS PROTAGONISTAS




O NOSO SOÑO

DUNHA NOITE DE VERÁN



Partindo da obra orixinal de Shakespeare, adaptámola ás nosas posibilidades, sabendo que contamos cun tempo limitado para a súa representación. Así, reducimos os diálogos sen perder nunca de vista o texto orixinal e reinventamos un novo esceario no que desenrolar a historia: unha sala de festas.

Para comezar, xa temos os diálogos adaptados e un esquema que nos serve de referencia, no que se reflicten ás relacións entre as diferentes personaxes. Ademais, introduciremos coreografías nas que interpretaremos pasaxes de coñecidos musicais como Mamma Mia, Grease, Dirty Dancing ou Pulp Fiction. Tamén contamos con ideas para a escenografía que precisan ser concretadas, polo que nos queda moito traballo por diante...



SHAKESPEARE E O SEU SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

Shakespeare –tamén coñecido como O Bardo de Avon- nace en Stratford-upon-Avon un 26 de abril de 1564 e morre no mesmo lugar o 3 de maio de 1616. Entre as obras deste dramaturgo figuran títulos sobradamente coñecidos como Romeo e Xulieta, Hamlet, Otelo, Julio Cesar, O Rei Lear ou Macbeth. O Mercader de Venecia, Noite de Reis, Moito Ruído e Poucas Noces son algunhas das súas comedias. Entre elas, O Soño duna Noite de Verán -A Midsummer Night's Dream- escrita arredor de 1595 é considerada un dos grandes clásicos da literatura universal.

Nesta obra trátanse temas como o amor, a maxia, os sonos ou a realidade. A comedia relata a historia de duas parexas de namorados que sofren e disfrutan por causa do seu amor e das argucias dos seus namorados. O trasfondo común atópase nas celebracións da boda entre o príncipe Teseo e a raíña das amazonas Hipólita, anteriormente inimigos en batalla, amantes a punto de casarse ao comezar a obra. Personaxes mitolóxicos como o rei e a raíña das fadas, Oberón e Titania, o trasno Puck (Xas) mesturan os seus propios destinos e o de duas parellas de namorados: Herminia e Lisandro, Demetrio e Helena. A trama desenrólase en tres actos nos que a rivalidade entre Titania e Oberón trastorna os acontecementos entre os namorados mortais pero tamén entre un humilde súbdito de Teseo e a propia Titania. Ao final, os pesares e sufrimentos do amor resólvense quedando tan só como o recordo do soño dunha noite de verán.

Ola


BENVIDOS AO TEATRO!


Xa temos no Blog da Biblioteca un espazo adicado ao teatro. Este ano somos un grupo bastante xeitoso os que nos puxemos a traballar no SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN. Non somos profesionais, mais intentaremos aprender e facelo o mellor posible. Periodicamente contaremos coa asistencia dunha asesora que nos resolverá as dúbidas que teñamos e tratará de axudarnos no posible.

Ilusión sóbranos e implicándonos todos pasarémolo ben xuntos!