jueves, 18 de diciembre de 2008

SHAKESPEARE E O SEU SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

Shakespeare –tamén coñecido como O Bardo de Avon- nace en Stratford-upon-Avon un 26 de abril de 1564 e morre no mesmo lugar o 3 de maio de 1616. Entre as obras deste dramaturgo figuran títulos sobradamente coñecidos como Romeo e Xulieta, Hamlet, Otelo, Julio Cesar, O Rei Lear ou Macbeth. O Mercader de Venecia, Noite de Reis, Moito Ruído e Poucas Noces son algunhas das súas comedias. Entre elas, O Soño duna Noite de Verán -A Midsummer Night's Dream- escrita arredor de 1595 é considerada un dos grandes clásicos da literatura universal.

Nesta obra trátanse temas como o amor, a maxia, os sonos ou a realidade. A comedia relata a historia de duas parexas de namorados que sofren e disfrutan por causa do seu amor e das argucias dos seus namorados. O trasfondo común atópase nas celebracións da boda entre o príncipe Teseo e a raíña das amazonas Hipólita, anteriormente inimigos en batalla, amantes a punto de casarse ao comezar a obra. Personaxes mitolóxicos como o rei e a raíña das fadas, Oberón e Titania, o trasno Puck (Xas) mesturan os seus propios destinos e o de duas parellas de namorados: Herminia e Lisandro, Demetrio e Helena. A trama desenrólase en tres actos nos que a rivalidade entre Titania e Oberón trastorna os acontecementos entre os namorados mortais pero tamén entre un humilde súbdito de Teseo e a propia Titania. Ao final, os pesares e sufrimentos do amor resólvense quedando tan só como o recordo do soño dunha noite de verán.

No hay comentarios: