jueves, 18 de diciembre de 2008



O NOSO SOÑO

DUNHA NOITE DE VERÁN



Partindo da obra orixinal de Shakespeare, adaptámola ás nosas posibilidades, sabendo que contamos cun tempo limitado para a súa representación. Así, reducimos os diálogos sen perder nunca de vista o texto orixinal e reinventamos un novo esceario no que desenrolar a historia: unha sala de festas.

Para comezar, xa temos os diálogos adaptados e un esquema que nos serve de referencia, no que se reflicten ás relacións entre as diferentes personaxes. Ademais, introduciremos coreografías nas que interpretaremos pasaxes de coñecidos musicais como Mamma Mia, Grease, Dirty Dancing ou Pulp Fiction. Tamén contamos con ideas para a escenografía que precisan ser concretadas, polo que nos queda moito traballo por diante...



1 comentario:

Anónimo dijo...

Esto ten moi boa pinta, seguro que será todo un éxito. Ánimo os "teatreiros/as".

Puri