viernes, 6 de mayo de 2011

17 de Maio Día das Letras Galegas


Como cada ano o día 17 celebraremos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión o homenaxeado será Lois Pereira, poeta natural de Monforte de Lemos (Lugo) onde naceu no ano 1958. Ós 17 anos desprazouse a Madrid onde cursou estudos de Ciencias Políticas, que abandonou depois polos idiomas e a Informática. Fundou a revista "Loia" alí en Madrid, xunto con Manuel Rivas e Antón Patiño, revista que só coñecería catro números, o último de 1978. Nesta publicación introducíronse poemas deste escritor que posteriormente serían recollidos na súa obra "Poemas para unha loia" de 1996, onde tamén se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidraúlica dunha cíclica historia universal da infamia", dado a coñecer ese mesmo ano na revista "Luces de Galiza".
De volta en Galicia, Lois Pereiro compaxinou o exercicio da tradución coa laboura poética e fixo aportacións a diversas antoloxías colectivas; tamén fixo contribucións como letrista a Radio Océano e como redactor de guións televisivos.
En vida publicou dúas obras "Poemas 1981/1991" e "Poesía última de amor e enfermidade" nas que a RAG atopa evidentes pegadas expresionistas e referencias á literatura xermánica, xunto con trazos de contracultura.