martes, 10 de marzo de 2009

Vacacións en Roma


Roman Holiday é unha película dirixida por Willyam Wyler e protagonizada por Audrey Hepburn e Gregory Peck. Con ela visitaremos hoxe a cidade de Roma.



viernes, 6 de marzo de 2009

Fontana di Trevi


A Fontana di Trevi atópase no cruce de tres ruas, marcando o punto final dun dos antigos acuedutos que suministraban auga a Roma, o Aqua Virgo.

No 19 a. C., técnicos romanos localizaron unha fonte de auga pura a só 22 km da cidade (escea que aparece representada na actual fachada da fonte). Esta Aqua Virgo corría polo acueduto máis corto de Roma directamente ata os Baños de Agripa e foi usada durante máis de catrocentos anos.

Coa rotura dos acueductos por parte dos asediadores godos, os romanos medievais pasaron a sacar auga de pozos contaminados e do río Tíber, que tamén se usaba como cloaca.

A costume romana de construir fontes ao final dos acuedutos que traían agua á cidade foi resucitada no século XV co Renacemento. En 1453, o papa Nicolás V rematou as obras de reparación do acueduto Aqua Virgo e construeu unha simple pila, deseñada polo arquitecto humanista Leon Battista Alberti, para anunciar a chegada da auga.


En 1625 o papa Urbano VIII, pideu a Bernini que esbozase posibeis renovacións máis acordes co dramático espíritu do Barroco, máis o proxecto fue abandonado coa morte do papa. A contribución duradeira de Bernini foi cambiar a situación da fonte ao outro lado da praza, para que quedase fronte ao Pazo do Quirinal e, deste xeito, o papa tamén puidese vela e disfrutala. Ainda que o proxecto de Bernini foi desbotado en favor do de Salvi, hai moitos toques do primero na fuente. Tamén existe unha maqueta anterior feita por Pietro da Cortona que influiría no proxecto final.

Os concursos puxéranse de moda durante o Barroco para rediseñar edificios, fontes e mesmo a Plaza de España. En 1730, o papa Clemente XII organizou un concurso sobre a fuente no que Nicola Salvi perdeu, máis a pesar deste feito recibeu igualmente o encargo. Os traballos comezaron en 1732 e remataron en 1762, moito despois despois da morte de Clemente, cando o Neptuno de Pietro Bracci foi situado no nicho central. As estatuas da Abundancia e da Salubridade, situadas nos dous nichos laterais fueron esculpidas por Filippo Della Valle. Salvi morreu en 1751, coa obra a medio rematar. A Fontana de Trevi foi rematada en 1762 por Giuseppe Pannini, quen sustitueu as suaves alegorías presentes por esculturas planas de Agripa e Trivia, a diosa romana.

O telón de fondo da fonte é o Pazo dos duques de Poli, ao que se adosou unha nova fachada de duas plantas, enlazadas por pilastras corintias de orde xigante. No centro, un arco triunfal robustamente modelado enmarca nunha exedra a alegoría do rei dos mares domando as augas. A figura principal é Neptuno, tirando do seu carro de cabalos mariños e acompañado, en sendos nichos a ambos lados, da Abundancia e da Saúde. Dous tritóns guían a carroza en forma de cuncha de Neptuno, domando sendos cabalos de mar. Enriba, uns baixorelevos ilustran a orixe romana dos acuedutos. Este xigantesco proxecto exténdese cara adiente mesturando auga e roca tallada ata encher a pequena praza.




A película de Fellini “La dolce Vita" contribuiu a realzar a fama desta fonte. Do mesmo xeito, a raíz de “Tres moedas na Fuente”,
de Jean Negulesco, xurde unha lenda urbana entre os que non saben que as tres moedas eran botadas por tres persoas diferentes, segundo a cal trae sorte tirar monedas coa man dereita sobre o hombreiro esquerdo na Fontana de Trevi. En realidade, tirar unha moeda asegura a quen o fai volver a Roma, tirar duas que namorará dun romano/a e tres que casará con el ou ela en Roma.




martes, 3 de marzo de 2009

Roma, a arte feita cidade

Cando falamos de Roma facémolo dunha das cidades probablemente con máis protagonismo na historia da humanidade. Roma foi durante séculos a cabeceira del mundo, sendo epicentro dun imperio inmenso que levaba o seu nome. Berce da civilización occidental, Roma foi ademais referencia para a cristiandade, grazas aos antigos Estados Pontificios que hoxe víronse reducidos ao minúsculo Estado do Vaticano. Ademais, compre dicir que a "cidade do Tíber" alberga exemplos doutros movementos artísticos expléndidos como o Renacemento ou o Barroco, situados os dous na Idade Moderna.



Google Earth ofrécenos un paseo virtual pola Roma Imperial. Trátase dun novo programa que permite viaxar e descubrir a Roma Imperial grazas a unha nova capa incluída na aplicación Google Earth. A través del é posible pasear polas rúas empedradas do Foro Romano, visitar o circo Máximo ou o Coliseo en todo o seu esplendor, como era no 320 d.C. En total, o paseo virtual pola capital do Imperio Romano, a maior metrópoli do mundo no ano 320, permite visualizar 6700 edificios, once deles tamén desde o interior como o Tabularium ou o Templo de Vesta, que están acompañados por textos explicativos. O video que podemos visualizar a continuación, achéganos a este novo servizo que ofrece Google e, por conseguinte, tamén á cidade de Roma:





ROMA

Rematada a semana do amor, comezamos o mes de marzo na Biblioteca do IES Lois Peña Novo cunha exposición monográfica sobre Roma, aprobeitando a próxima excursión dos alumnos do centro a a esta cidade italiana.


A continuación subimos un video que nos invita a dar un paseo pola cidade de Roma.

No día de San Valentín. A semana do Amor