Roma, a arte feita cidade
Cando falamos de Roma facémolo dunha das cidades probablemente con máis protagonismo na historia da humanidade. Roma foi durante séculos a cabeceira del mundo, sendo epicentro dun imperio inmenso que levaba o seu nome. Berce da civilización occidental, Roma foi ademais referencia para a cristiandade, grazas aos antigos Estados Pontificios que hoxe víronse reducidos ao minúsculo Estado do Vaticano. Ademais, compre dicir que a "cidade do Tíber" alberga exemplos doutros movementos artísticos expléndidos como o Renacemento ou o Barroco, situados os dous na Idade Moderna.
Google Earth ofrécenos un paseo virtual pola Roma Imperial. Trátase dun novo programa que permite viaxar e descubrir a Roma Imperial grazas a unha nova capa incluída na aplicación Google Earth. A través del é posible pasear polas rúas empedradas do Foro Romano, visitar o circo Máximo ou o Coliseo en todo o seu esplendor, como era no 320 d.C. En total, o paseo virtual pola capital do Imperio Romano, a maior metrópoli do mundo no ano 320, permite visualizar 6700 edificios, once deles tamén desde o interior como o Tabularium ou o Templo de Vesta, que están acompañados por textos explicativos. O video que podemos visualizar a continuación, achéganos a este novo servizo que ofrece Google e, por conseguinte, tamén á cidade de Roma:
No hay comentarios:
Publicar un comentario